
Booking & Management
Transilvanians (Vigo)
Transilvanians fórmanse no ano 2004 na cidade de Vigo. A banda está composta por músicos experimentados de outras bandas da escea viguesa de estilos moi dispares, e o que os leva a unirse e a paixón que senten por estilos de música negra coma o Soul, Funk, R&B e moi especialmente polo Ska, Rocksteady e o Early Reggae Jamaicanos.
Todo isto unido a súa afección polo xénero de terror, a serie B e a ciencia ficción conforman unha proposta cando menos orixinal. Xunto a composicións propias tamén interpretan temas de The Skatalites, The Mohawks, The Melodians, Georgie Fame ou The Clash.
Catro traballos discográficos e numerosos concertos pola xeografía estatal e internacional (Portugal, Alemaña, Bélxica..) co seu propio repertorio ou apoiando a artistas como Roy Ellis aka Mr. Symarip, lenda do Reggae ao que acompañan de maneira habitual en directo e co que gravaron o pasado 2012 o seu novo single “You Can’t Leave Now”, son unha mostra do seu bo facer.
O pasado 2013 editan un novo EP “Kings Of Catacomb Reggay” e resultan gañadores do premio galego da música na categoría Ska, Reggae & Mestizaxe. Neste 2014, festexando o seu décimo aniversario, preparan un novo longa duración e a súa segunda xira europea.
Transilvanians son:
Dr. C – Guitarra.
Javier Marcos – Voz & percusión.
Nestor Meizoso – Baixo.
Xabi "Space Duke" Vieitez – Piano & Hammond.
Kino "Little Cobra" – Batería & voz.
Pedro Fariñas – Saxo & percusión.
Antonio Rodríguez – Trombón, voz & percusión.



