
Booking & Management
The New York Ska-Jazz Ensemble (USA)
The New York Ska-Jazz Ensemble (NYSJE) é un supergrupo formado no ano 1955 composto por seis membros de procedencia internacional. É unha das bandas que máis influiu no renacemento dos sóns tradicionais jamaicanos, sendo unha das bandas máis activas dentro do circuito de Ska tradicional e Jazz de todo o mundo. Miles de concertos e experiencias lles forxaron e encumbraron como a banda número 1 do Ska-Jazz moderno.
A súa música manten viva a conexión entre o Jazz, o Ska e o Reggae, introducindo sen embargo na propia música grandes dosis de diversión e facendoa moi bailable. Quen coñece ben a música xamaicana sabe que o jazz foi unha das maiores influencias no nacemento do Ska clásico. Ademáis das súas excelentes cancións orixinais, rinden tributo as súas principais influencias adaptando en clave Ska/Reggae algúns dos standards de lendas como Thelonious Monk ou John Coltrane.
Xiraron por Europa, Canada, Usa, Xapón, America do sur.. etc tocando en festivais como: The North Sea Jazz Festival, The Montreal Jazz Festival, The Quebec Festival de Musique, The Bob Marley Reggae Festival e na practica totalidade de eventos da escena Reggae/Ska mundiales.Voltan con novo traballo baixo o brazo, o seu noveno disco “Double Edge”.
Non perdas o seu impactante, incendiario e divertido directo!
NYSJE son:
Rocksteady Freddy Reiter – saxo, flauta, voz
NanaYao Dinizulu – batería
Alberto Tarin – guitarra, voz
Earl Appleton – teclados
Wayne Batchelor – bajo
Ric Becker – trombón, voz


