top of page

Roy Ellis aka Mr. Symarip (Jamaica)

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Houbo un día en que Roy Ellis decidiu deixar Symarip para dedicarse á música gospel e soul, moveu a súa residencia a Suíza e forxou unha carreira exitosa con aparicións na televisión suíza sendo a súa presenza solicitada nos eventos máis grandes da escena local. O resto de Symarip non durou moito tempo máis sen o seu cantante, compositor e líder, todos deixaron a música excepto Monty Nyesmith que seguiu a súa carreira en EE.UU.

 

Roy Ellis, que levaba cantando gospel desde a infancia en Jamaica, comezou tocando o trombón en The Bees, un grupo de instituto creado polos que máis tarde serían The Pyramids ou Symarip (lido ao revés). Pero pronto deixou o trombón para dedicarse a cantar e compoñer na banda, as súas dotes de líder eran indiscutibles. Previamente Roy Ellis xa gravara uns cantos singles rodeándose doutros grandes artistas, por entón non tan famosos, como Ernest Ranglin, Rico, Eddie Tan Tan, Sonny Bourke, Georgie Fame e un longo etcétera, nos selos que empezaban a lanzar música jamaicana en UK como Ember, Bluebeat, Creole, Attack, Jay Boy, Treasure Isle, Rhino, Duke, President, Dr. Bird o Trojan así como multinacionais como Ariola o EMI.

 

Laurel Aitken era o artista jamaicano máis importante residente en Inglaterra a finais dos 60 e o seu labor de embaixador foi vital para novo son Reggae que estaba nacendo. Apadrinou a The Pyramids e utilizoulles como banda para levar de xira ao Reino Unido aos novos artistas que estaban rompendo en Jamaica: Prince Buster, Toots & The Maytals, The Ethiopians, Owen Gray, Desmond Dekker, Millie, Jackie Edwards, etc. e ao mesmo Laurel Aitken, por suposto. Laurel gravou algúns éxitos con The Pyramids, que foron publicados en Blue Beat, como 'Jesee James' ou 'Because I Love You'.

 

En 1967 foi Eddy Grant, pouco despues de disolver The Equals, quen traballou estreitamente con The Pyramids gravando algúns clásicos como 'Train Tour To Rainbow City' e o primeiro LP do grupo. Eles non deixaban de actuar e gravar en estudo con novos artistas que estaban a triunfar en Xamaica, se te fixas nos créditos dalgúns discos da época verás The Pyramids entre os músicos de sesión en discos de Desmond Dekker ou o LP de Millie 'Time Will Tell', ese no que sae sentada enriba dunha banana.

 

Pero o verdadeiro zambombazo dérono en 1969, xa como Symarip, co disco Skinhead Moonstomp, publicado por Trojan Records, chegando a vender máis de sete millóns de copias ata os nosos días, nunca se descatalogou, sempre estivo nos primeiros postos de vendas das listas de Reggae durante case 40 anos. Trojan vendeu máis copias deste disco que de calquera outro título do seu catálogo, incluíndo discos de Bob Marley, Jimmy Cliff ou Desmond Dekker.

 

O último concerto que Laurel Aitken deu en Suíza foi en 2004, Roy Ellis levaba máis de vinte anos afastado da escena Reggae pero non puido faltar á cita, levaba dende 1966 sen reencontrarse con Laurel e foi a velo aos camerinos. Cando se encontraron déronse un forte abrazo e Laurel púxose a chorar da emoción. Empezou a dicirlle a Roy: tes que volver ao Reggae, hai un montón de fans esperándote, todos queren oír as túas vellas cancións. No cuarto había uns cantos fans preguntando por fotos e autógrafos e Laurel dirixiuse a eles dicindo: " Sabedes quen é este tipo? é Roy Ellis, Mr. Symarip! o que escribiu Must Catch A Train, Banana, Stay With Him, etc.! E vive aquí, na vosa cidade! ".

Á semana seguinte aquel grupo de fans localizara a casa de Roy Ellis e chamou á porta coa intención de convencelo para que volvese á escena Reggae, tras as presentacións e varias horas de conversacións Roy Ellis chegou á conclusión: "se o público quere verme non podo fallarlle. Nese momento produciuse a volta ao Reggae de Roy Ellis, Mr. Symarip, e dende entón, nun período de só oito anos publicou dous LP¡s en tres continentes distintos e actuou por Suíza, Alemaña, Austria, Holanda, España, Grecia, República Checa, Polonia, Xapón, EE. UU, Canadá, Colombia, Mexico, Arxentina, Portugal, etc, etc.

 

Os temas dos seus discos de retorno aos escenarios son xa clásicos de Reggae que o público corea nos concertos que ofrece por todo o mundo coma se fosen os clásicos de 1969. Despois dalgúns concertos Roy Ellis, aínda sorprendido polo rotundo triunfo, comenta aos máis íntimos: "son unha estrela do Reggae e non o sabía, como puiden vivir sen sabelo todos estes anos! ".

 

 

 

 

 

 

© 2013 V-Rocket Crew

  • w-facebook
  • Twitter Clean
  • w-youtube
bottom of page